Inserir Columnas/Filas

Insire unha fila ou columna na táboa. Esta orde só está dispoñíbel cando o cursor está nunha táboa.

Para acceder a esta orde...

Escolla Táboa - Inserir - Columnas.

Escolla Táboa - Inserir - Filas.

Na barra Táboa, prema en

Icona

Inserir columna

Icona

Inserir fila


Inserir

Número

Introduza o número de columnas ou filas que desexe.

Posición

Especifica onde quere inserir as columnas ou filas.

Antes

Engade columnas novas á esquerda da columna actual ou engade filas novas por enriba da fila actual.

Despois

Engade columnas novas á dereita da columna actual ou engade filas novas por debaixo da fila actual.